martes, 31 de enero de 2017

VIDA SAÚDABLE

Para poder levar a cabo unha vida feliz e alegre, vimos que temos que levar a cabo certas costumes alimenticias. Para iso, fixemos a nosa pirámide tridimensional na cal aprendimos os alimentos que debemos comer e a súa frecuencia, que nutrientes nos aportan e a actividade física que debemos de facer.

lunes, 30 de enero de 2017

Os nosos primeiros cociñeiros

Como Escarlatina e Román nos axudan, estamos probando a convertirnos en auténticos Chef do mundo ou do inframundo. Aquí as nosas primeiras experiencias.Riquisimas, riquisimas!!!!

Comezamos coa nosa aventura

Neste segundo trimestre comezamos a nosa andaina de grandes lectores e cociñeiros, posto que o noso libro no lo pide.  Qué gran aventura imos comenzar!!! a onde nos chegará? Aquí iremosvos mostrando os nosos capítulos e degustacións.

jueves, 8 de diciembre de 2016

Concurso de recitado poético en galego - 5º

Hai unhas semanas, cando celebramos o Samaín na escola, o alumnado de 5º levamos a cabo na aula unha actividade de recitado en galego por grupos. A poesía leva por título: "O Samaín".
Grabamos a actuación de cada un e o resultado podedes velo nos seguintes vínculos para que podades votar o que creades que o recita mellor. Toda persoa que pertenza á familia e visione os vídeos poderá participar co seu voto.
                                                                               Animádevos e participade!!
Quen reciba máis votos será o gañador dun premio a sortear entre eles.
As votacións pecharanse o martes día 20.
Podedes facer chegar o voto a través de Abalar-móbil, nun papeliño pechado a través do voso fillo ou filla ou por correo electrónico ao meu enderezo da Xunta (o voso fillo/a o ten anotado na axenda).
ACTUACIÓN EQUIPO 2
ACTUACIÓN EQUIPO 2

Un saúdo  e grazas pola vosa participación. 

Clicade nas imaxes para visionar as actuacións:

ACTUACIÓN EQUIPO 1

martes, 6 de diciembre de 2016

CHARLA para a prevención do Acoso Escolar nas Aulas-PLAN DIRECTOR 2016/2017



O pasado martes día 29 de novembro, na aula de 6º, tivo lugar unha segunda charla xa anunciada con anterioridade neste mesmo blogue co título: Prevención do Acoso Escolar nas aulas, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, que ofreceu un inspector da Policía Nacional dentro do programa PLAN DIRECTOR para o curso 2016/2017 no cal estamos a participar.
Na anterior ocasión a charla centrouse na prevención dos riscos asociados ao uso por parte dos menores das novas tecnoloxías e das redes sociais. 
O "Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar", foi posta en marcha pola Secretaría de Estado de Seguridad no contexto dos acordos do Consello Nacional de Seguridade Cidadana en materia de Xuventude e Seguridade, suscrito entre o Ministerio de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior. Como medidas preventivas figuran a realización de conferencias e actividades nos centros escolares dirixidas ao alumnado, mediante a realización de charlas, visitas e actividades en centros escolares, dirixidas aos menores e xóvenes e impartidas por membros dos Corpos de Seguridade.
Na charla informóuselles ás nenas e nenos da maneira de actuar ante un posible acoso na escola ou no instituto, así como das consecuencias por manterse ao marxe e ser espectador desa situación, ou o que sería peor, das consecuencias penais derivadas de chegar a ser un o acosador.

 




domingo, 27 de noviembre de 2016

 PROGRAMA FORMATIVO EDUCACIÓN VIARIA - 2016/2017
5º de Primaria

O pasado venres, día 18 de novembro, participamos co alumnado de 5º na campaña de Educación Viaria 2016/2017, organizada pola Xefatura da Policía Local de Vigo.
O seu obxectivo é a de promover e favorecer un cambio de actitudes que axuden a cruzar a rúa de xeito seguro, e así diminuír a gravidade das lesións e o número de vítimas nos sinistros de tráfico que se están a dar na nosa cidade todos os anos.
O atropelo é o accidente máis grave da nosa cidade. Por este motivo, este ano céntrase na toma de conciencia e a actitude que como peóns debemos ter todas e todos na rúa.
Visitáronnos dous monitores policiales da nosa cidade, que deron unha charla aos nenose nenas. Desenvolveron unhas sinxelas actividades encamiñadas a tomar conciencia tanto dos elementos a ter en conta cando un se despraza pola rúa como da importancia de seguir unha serie de normas para desplazarse con menos riscos polas vías e adquirir unha maior e mellor autonomía persoal, e xerar así menos incertidumbre nas súas familias á hora de permitirlles desplazarse a eles sós.
Esta tarea deber ser continuada e reforzada no contexto familiar co voso exemplo, para conseguir que os menores acaden plenamente as capacidades necesarias para ser usuarios responsables das vías.