jueves, 17 de mayo de 2018

Ensaio 6ºPrimaria Actuación DLG2018


Para a celebración do Día das Letras Galegas o alumnado de 6º preparou unha actuación que consistiu no recitado do poema XV de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, unhas poesías da poetisa Gloria Fuertes, e unha canción do disco “Entre Néboas” do grupo galego TNT (Tanto Nos Ten).
Da preparación desta actuación deixámosvos a grabación dun dos ensaios finais do día anterior. Esperamos que vos gustara a súa actuación no día de onte!!

lunes, 7 de mayo de 2018

Visitamos "REPTIGALIA"


O pasado xoves día 3 de maio, visitamos a exposición de animais que se montou na Sala de Informática e que se contratou co gallo de que este curso o proxecto de Biblioteca está adicado aos animais.
Guiados polo coleccionista, puidemos descubrir cousas moi interesantes sobre os especímenes alí expostos. Resultounos moi bonita e interesante.

martes, 1 de mayo de 2018

Concerto Didáctico da EMMV: Cantos e Ritmos da África Negra


Este concerto, no que participamos activamente cos músicos da Escola Municipal de Música de Vigo, foi unha viaxe na que un explorador, na procura dunha exótica especie de bolboreta, rememoraba as súas vivencias en diferentes países do continente africano. Neste percorrido achegámonos á riqueza cultural e musical destes países que, ademáis de transmitir valores universais, estivo completamente ligada á vida diaria da súa xente. Nas diferentes músicas escoitamos como a voz, a danza e os instrumentos mesturábande poderosamente a través de melodías sinxelas fortemente enriquecidas polo seu ritmo.
Foi unha experiencia enriquecedora, lúdica e de moito proveito!!




Parabéns á Escola Municipal de Música de Vigo pola calidade do concerto didáctico.


domingo, 29 de abril de 2018

Visitamos o Museo do Mar de Galicia


Hoxe visitamos de novo o Museo do Mar de Galicia para coñecer nesta ocasión a "Hª DA NAVEGACIÓN".
A mañá resultou moi proveitosa e o noso alumnado tivo a oportunidade de recibir información básica sobre a historia da navegación desde a antigüedade ata os nosos días mediante a observación de vestixios atopados no noso entorno, maquetas, reproducións e fotografías. Así mesmo as nenas e nenos remataron coa participación nun obradoiro moi interesante, no que tiveron que construír e aprender a usar un Cuadrante, ferramenta utilizada para medir ángulos en astronomìa e navegación.
Os astrónomos o usaban para medir a altura dos astros; os mariñeiros, sobre todo, para determinar a latitude á que se atopaban e para calcular a hora.

Visitamos a Residencia de Maiores Barreiro


Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro 2018 o pasado 23 de abril, programáramos hai tempo a visita do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria a "Geriatros Vigo Barreiro", e tamén por participar na actividade de "Bibliotecas Solidarias". A mañá resultou moi proveitosa e as nenas e nenos contribuíron coa súa participación nesta actividade a que as nosas avoas e os nosos avós pasaran un rato entretido e agradable.
Contamos contos e recitamos poesías durante unha hora na sala de visitas da residencia para cerca de cen persoas, e despois fomos invitados antes de marchar a unha pequena merenda por parte da dirección do centro xeriátrico, o cal lle agradecemos.
Todos e todas saímos contentos e satisfeitos de participar nunha labor solidaria que é preciso fomentar