domingo, 11 de noviembre de 2018

Educación Vial en 5º e 6º


A pasada semana recibimos a visita un curso máis de Pili e Pablo, dous axentes da policía municipal de Vigo, pertencentes ao Departamento de Educación Vial, para dar unha charla de Educación Viaria ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Estaba previsto como outros anos que 6º se trasladara ao PIT (Parque Infantil de Tráfico) do Castro, pero dadas as inclemencias do tempo dese día tivo que suspenderse e non puidemos disfrutar desa actividade.

O programa no que participamos desde hai anos, lévase a cabo nos colexios do municipio co obxectivo de formar na seguridade viaria e na prevención de accidentes.
 
Para máis información accedede a este artigo dun diario da nosa cidade Pulsa AQUÍ
Tamén na páxina web do Concello de Vigo, no departamento de EDUCACIÓN VIARIA.

domingo, 17 de junio de 2018

5º e 6º visitan METEOGALICIA


O pasado día 12 de xuño desprazámonos a Santiago xunto aos nosos compañeiros de 3º para levar a cabo a visita as instalacións de METEOGALICIA.
Trala nosa chegada e despois de ser recibidos polo persoal do Centro, asistimos todos ao lanzamento dunha radiosondaxe desde o exterior das instalaciones. Alex Castro de 6º foi o escollido para soltala radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado actual da atmosfera na nosa comunidade.
A continuación fomos todos á sala de control de Meteogalicia onde se analizan os datos que van chegando ao servizo e se establecen as prediccións según certos modelos informáticos. Alí tamén é onde se atenden as chamadas dos cidadáns que solicitan información do tempo, así como tamén as dos medios de comunicación.
Rematada esta 1ª charla informativa fomos divididos en dous grupos: 3º de Primaria por un lado e 5º-6º por outro, para recibir separadamente e a distinto nivel, información relativa a tódolos aparellos que utilizan os meteorólogos para facer as súas prediccións, así como tamén información sobre todo o relativo ás nubes e a algún dos fenómenos atmosféricos que teñen lugar por enriba das nosas cabezas.
    
Accede a METEOESCOLAS
















domingo, 3 de junio de 2018

Charla de Seguridade fronte ao lume e visita ao Parque Central de Bombeiros de Vigo

O pasado mércores, día 23 de maio, dous bombeiros do Parque de Bombeiros de Vigo ofreceron unha charla dirixida ao alumnado de 6º de Primaria, consistente en darlles a coñecer os sistemas de protección contra incendios e saber actuar en caso de emerxencia ante un accidente con lume, dentro do Programa Educativo Municipal de Seguridade que foi posto en marcha hai pouco tempo.

Con posterioridade, o pasado venres 1 de xuño visitamos coas nenas e nenos de 5º e 6º as instalación do Parque Central de Bombeiros da nosa cidade, onde  puideron coñecer de primeira man as súas dependencias, o seu material e equipos, así como o día a día no traballo dun bombeiro e a súa labor na protección da cidadanía, e que non se limita só á actuación fronte ao lume.

jueves, 17 de mayo de 2018

Ensaio 6ºPrimaria Actuación DLG2018


Para a celebración do Día das Letras Galegas o alumnado de 6º preparou unha actuación que consistiu no recitado do poema XV de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, unhas poesías da poetisa Gloria Fuertes, e unha canción do disco “Entre Néboas” do grupo galego TNT (Tanto Nos Ten).
Da preparación desta actuación deixámosvos a grabación dun dos ensaios finais do día anterior. Esperamos que vos gustara a súa actuación no día de onte!!

lunes, 7 de mayo de 2018

Visitamos "REPTIGALIA"


O pasado xoves día 3 de maio, visitamos a exposición de animais que se montou na Sala de Informática e que se contratou co gallo de que este curso o proxecto de Biblioteca está adicado aos animais.
Guiados polo coleccionista, puidemos descubrir cousas moi interesantes sobre os especímenes alí expostos. Resultounos moi bonita e interesante.

martes, 1 de mayo de 2018

Concerto Didáctico da EMMV: Cantos e Ritmos da África Negra


Este concerto, no que participamos activamente cos músicos da Escola Municipal de Música de Vigo, foi unha viaxe na que un explorador, na procura dunha exótica especie de bolboreta, rememoraba as súas vivencias en diferentes países do continente africano. Neste percorrido achegámonos á riqueza cultural e musical destes países que, ademáis de transmitir valores universais, estivo completamente ligada á vida diaria da súa xente. Nas diferentes músicas escoitamos como a voz, a danza e os instrumentos mesturábande poderosamente a través de melodías sinxelas fortemente enriquecidas polo seu ritmo.
Foi unha experiencia enriquecedora, lúdica e de moito proveito!!




Parabéns á Escola Municipal de Música de Vigo pola calidade do concerto didáctico.


domingo, 29 de abril de 2018

Visitamos o Museo do Mar de Galicia


Hoxe visitamos de novo o Museo do Mar de Galicia para coñecer nesta ocasión a "Hª DA NAVEGACIÓN".
A mañá resultou moi proveitosa e o noso alumnado tivo a oportunidade de recibir información básica sobre a historia da navegación desde a antigüedade ata os nosos días mediante a observación de vestixios atopados no noso entorno, maquetas, reproducións e fotografías. Así mesmo as nenas e nenos remataron coa participación nun obradoiro moi interesante, no que tiveron que construír e aprender a usar un Cuadrante, ferramenta utilizada para medir ángulos en astronomìa e navegación.
Os astrónomos o usaban para medir a altura dos astros; os mariñeiros, sobre todo, para determinar a latitude á que se atopaban e para calcular a hora.