viernes, 15 de octubre de 2010

Andrea coñece Paris


   

Ao chegar a PARÍS fumos ao hotel L'Elysée Val d'Europe  a deixar a equipaxe.Chegamos a hora de comer,despois fumos ao parque Disney Land París. Pola tarde, fumos a moitísimas atraccións. Ao chegar a noite iamos marchar cando de súpeto oimos dicir a alguén que esa noite ía ser Halloween.
Pagamos unha entrada especial e puxéronnos unha pulseira. Case todas as atraccións abertas eran de terror, por exemplo, a casa do terror, piratas do Caribe, etc.
O sábado como sabiamos que ía haber moita xente no parque fomos visitar Paris. Collimos o autobus turístico e vimos sitios como a ópera, a igrexa de Notredame.
Tamén visitamos a famosa Torre Eiffel, subimos ata o último piso e a miña nai tivo un pouco de vértigo.  As vistas eran impresionantes.
O domingo fomos outra vez ao parque Disney Land, seguía decorado como antes pero non había néboa. Montamos nas atraccións que nos faltaban.
O luns fomos ao parque Disney Land estudos onde había moitas atraccións diferentes, como por exemplo a caída libre, unhas pelis animadas. Nas plazas estaba o creador de Mickey Mouse.
O martes finalizou a nosa visita a Disney Land estudos. Collimos o autobus para ir ao aeroporto e nos atopamos cunha folga e tivemos que pasar a noito noutro hotel.
Ao día seguinte salimos ás 6:00 da mañá ao aeroporto de volta a Vigo

Andrea G ,  Adri, Xian