jueves, 19 de diciembre de 2013

Visita ao Museo do Mar

Este martes fomos ao Museo de Mar onde nos ensinaron a arte da pesca tradicional. Ensináronnos diferentes tipos de embarcacións, as súas características, como se pescaba antigüamente e como se conservaba o peixe pescado. Logo convertímonos en auténticos pescadores e fomos a caza de cachalotes cun arṕon, pescamos peixe de baixura cunha rede e navegamos polo mar nunha barca. Por último visitamos o acuario da casa do mar, onde puidemos ver moitos peixes: sardiñas, tiburóns, raias, cabrachos,... ¿queres ver como lle dan de comer os tiburóns? podes visitar o acuario os venres as 11:30.