martes, 1 de noviembre de 2016

5º visita SALINAE: Centro Arqueolóxico do Areal

Voltamos neste curso unha vez máis a SALINAE, para facer de novo un interesante percorrido polas súas salas e coñecer mellor a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano. Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permítenos entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas. A exposición ofreceunos, ademais, a posibilidade de saber máis sobre o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtencón e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto. Poidemos por último tamén, ter a posibilidade de disfrutar da elaboración dalgunhas das receitas orixinais romanas e de poder degustalas.