jueves, 9 de noviembre de 2017

Asistimos ao Teatro e a unha Exposición de Arte Galega

O camiño máis fácil non sempre é o que te axuda a saír do laberinto. Para saír sempre se necesita contar con algo que nos guíe pola vida: os amigos, a familia ou a escola son eses fíos que nos fan atopar a saída aos problemas.
Nesta ocasión asistimos á representación da historia de Daniel, un neno que sabe que en casa non sobran os cartos, pero, ¿por que non pode ter un Iphone coma os seus amigos? ¿Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? ¿Ou ir a esquiar? A el gustaríalle deixar os estudios e traballar para poder comprar o que quixera.
Unha vez rematada a obra desprazámonos ata a Sede Afundación para ver unha exposición co título «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección». Unha exposición que reúne 78 pezas destacadas da Colección de Arte Afundación entre pintura, escultura e fotografía. Un percorrido pola evolución da arte galega desde o século XIX ata a actualidade a través dalguns dos nomes e as obras máis significativas da historia de Galicia. Declarada de Ben de Interés Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2015.
Os nenos e nenas introducíronse na arte cunha primeira actividade plástica e despois interactuaron coas obras da exposición para descifrar unha mensaxe secreta.