miércoles, 20 de febrero de 2019

Charla de Divulgación Medioambiental: "O Monte é Vida"


O pasado 29 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de asistir a unha charla organizada pola Consellería de Medio Rural e do Mar, e impartida por un axente forestal no noso Centro.

Tiña como obxectivos fomentar o 
coñecemento da multifuncionalidade do
monte, da súa xestión sostible e divulgar a
importancia dos montes veciñais en 
Galicia.

En Galicia existen ao redor de 1.300.000 ha de monte cuxa propiedade ostentan 675.000 familias, ás que se suman outras 700.000 ha de monte veciñal en man común, cuxa titularidade corresponde a unhas 190.000 familias a través das comunidades veciñais das que forman parte.