lunes, 21 de diciembre de 2020

QUE ESTE NOVO ANO A MAXIA DO NADAL ILUMINE MÁIS CA NUNCA.

Este ano non comezou como debería, para que mentir.

Comezamos con medo, incerteza e moitas dúbidas. Non pintaba ben e, coma sempre, tocounos traballar para darlle a volta á situación.

Xuntos/as acostumámonos a levar a máscara, botar xel, lavar as mans, xogar separados/as, ter as fiestras abertas, aguantar o frío, non ver as caras dos compañeiros/as... a tantas cousas.

Malia todo aprendemos que os ollos tamén teñen sorriso, que na distancia tamén podemos traballar xuntos/as, que as apertas e bicos, aínda que non se dean, séntense e sobre todo que como equipo somos fortes, valentes e responsables.

Agora, xa estamos mellor.

Merecemos un descanso.

Que este novo ano a maxia do Nadal ilumine máis ca nunca.

Volveremos máis fortes no 2021.

Pincha na imaxe, que aínda temos algo máis que dicir.