lunes, 17 de marzo de 2014

Visita aos Bombeiros

O pasado 28 de Febreiro visitamos o Parque de Bombeiros de Teis. Pasámolo moi ben. Coñecimos que materiais empregan, como pasan as longas xornadas de traballo....Foi xenial!!!!!

sábado, 28 de diciembre de 2013

Feliz ano 2014!

Rematou o 1º Trimestre e no CEIP Plurilingüe Carballal - Cabral houbo festa rachada!
Celebramos o Festival de Nadal 2013 con moitas actuacións musicais, visitounos Papá Noel con agasallos para as aulas e fixemos unha merendola con produtos típicos destas datas.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámosvos as fotos para facervos partícipes da nosa festa.



jueves, 19 de diciembre de 2013

GRACIAS POLA INFORMACIÓN!!!!!

GRACIAS aos concellos de O CEBREIRO, TRIACASTELA, SARRIA, SAMOS, PORTOMARÍN, PALAS DE REI, MELIDE, ARZÚA,O PEDROUZO, O PINO E SANTIAGO, por atendernos, colaborar e enviarnos a información para o noso proxecto.

Correo Intercentro

Outro ano máis comezamos o noso correo intercentro cos alumnos do CEIP Paraixal. Aquí tedes a mostra do que nos fixemos e envíamos e o que recibimos deles.

Visita ao Museo do Mar

Este martes fomos ao Museo de Mar onde nos ensinaron a arte da pesca tradicional. Ensináronnos diferentes tipos de embarcacións, as súas características, como se pescaba antigüamente e como se conservaba o peixe pescado. Logo convertímonos en auténticos pescadores e fomos a caza de cachalotes cun arṕon, pescamos peixe de baixura cunha rede e navegamos polo mar nunha barca. Por último visitamos o acuario da casa do mar, onde puidemos ver moitos peixes: sardiñas, tiburóns, raias, cabrachos,... ¿queres ver como lle dan de comer os tiburóns? podes visitar o acuario os venres as 11:30.

lunes, 16 de diciembre de 2013

Educacion Vial

Esta semana tivemos unha actividade que nos refrescou os pensamentos sobre as normas de educación vial, así como tamén nos fixo reflexionar sobre algunhas accións que facemos diariamente: cruzar no paso de peóns, ter paciencia na carretera,... Para iso tivemos a presenza dunha polícia local que nos mostrou exemplos de moitas accións que habitualmente facemos mal e díxonos como as deberíamos facer. A gran conclusión a que chegamos todos é que sabemos facer as cousas, pero non as facemos. Entre todos debemos cambiar.