lunes, 21 de noviembre de 2016

Visitamos o Parque Nacional Marítimo-Terrestre
das Illas Atlánticas de Galicia

 É un Parque Nacional que comprende os arquipélagos das illas galegas de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada. Ten unha extensión de 1.194,8 ha terrestres e 7.285,2 ha de superficie marítima. Foi creado no ano 2002.

O pasado día 15 de novembro, dentro da Programación Xeral do presente curso escolar, visitantes o centro CAMBÖN. Enclavado no casco vello de Vigo, xunto á Concatedral Santa María e lonxe das illas, é un Centro de Visitantes concebido como un espacio evocador do Parque Nacional que esperte a curiosidade sobre os valores culturais e naturais deste espacio protexido. Os contidos da exposición céntranse en aportar información non só dos seres vivos do parque, se non en transmitir artísticamente a beleza da natureza.
O alumnado participou na visita dunha serie de actividades divididas en tres bloques co obxectivo de:
- Adquirir información básica do parque e coñecer a ubicación das illas.
- Obter un coñecemento básico da fauna e flora que forman o conxunto das illas.
- Saber sobre as xentes que habitaron e habitan as illas, e a súa cultura.
- Tomar conciencia da importancia da protección da natureza e, en especial, dos espacios protexidos como o Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

viernes, 11 de noviembre de 2016

CHARLA Preventiva de riscos polo uso das novas tecnoloxías-PLAN DIRECTOR 2016/2017

A pasada semana tivo lugar na aula de 6º una charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, que ofreceu un inspector da Policía Nacional dentro do programa PLAN DIRECTOR para o curso 2016/2017 no cal participamos un curso máis. A Secretaría de Estado de Seguridad puso en marcha o "Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar", no contexto dos acordos do Consello Nacional de Seguridade Cidadana en materia de Xuventude e Seguridade, suscrito entRe o Ministerio de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior. Como medidas preventivas figuran a realización de conferencias e actividades nos centros escolares dirixidas ao alumnado, mediante a realización de charlas, visitas e actividades en centros escolares, dirixidas aos menores e xóvenes e impartidas por membros dos Corpos de Seguridade.
Nesta primeira ocasión a charla centrouse na prevención dos riscos de seguridade asociados ao uso das novas tecnoloxías e das redes sociais. 
*Dentro do mesmo programa do PLAN DIRECTOR, anunciamos que o martes 28 deste mesmo mes, o alumnado de 5º e 6º asistirá a unha segunda charla que abordará o Acoso Escolar nas aulas.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Samain-Halloween

Así nos preparamos antes da chegada do SAMAIN - HALLOWEEN: fixemos un taller de maquillaxe e unha terrorífica merendola. Listos para o festexo e coa enerxía collida, xa podemos todos xuntos festexar este misterioso día.

martes, 1 de noviembre de 2016

5º visita SALINAE: Centro Arqueolóxico do Areal

Voltamos neste curso unha vez máis a SALINAE, para facer de novo un interesante percorrido polas súas salas e coñecer mellor a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano. Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permítenos entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas. A exposición ofreceunos, ademais, a posibilidade de saber máis sobre o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtencón e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto. Poidemos por último tamén, ter a posibilidade de disfrutar da elaboración dalgunhas das receitas orixinais romanas e de poder degustalas.

miércoles, 19 de octubre de 2016

OS RÍOS DE ESPAÑA

Traballando, traballando os ríos de España aquí tedes algún traballiño que fixemos dos mesmos para saber onde están, as vertentes que temos,...


martes, 11 de octubre de 2016

O "noso" río LAGARES

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou este luns día 10, nunha actividade encamiñada á acadar un mellor coñecemento do noso entorno natural e unha concienciación máis ecolóxica. Dada a posibilidade que se nos presentou de contar coa presenza de “Nacho”, compoñente da asociación medioambiental pola defensa do río Lagares: “LAGARES VIVO”, concertamos con el a celebración dunha charla no centro co obxectivo de que o noso alumnado poidera coñecer mellor o “noso” río LAGARES. 

Dende a direción do centro agradecemos á asociación "Lagares Vivo" pola súa colaboración e pola importante labor que desenvolve e que a toda a comunidade beneficia.
https://lagaresvivo.wordpress.com/ 
*Para coñecer máis sobre a labor da Asociación LAGARES VIVO preme no seu logo.

lunes, 10 de octubre de 2016

AS NOSAS CÉLULAS

Estas son as nosas células. Agora que estudiamos como son xa sabemos distinguir as partes das mesmas, se é unha célula animal ou vexetal ou se é unha célula eucariota ou procariota.