martes, 14 de noviembre de 2017

Fomentando e traballando pola INTEGRACIÓN coa Asociación APAMP

No noso ideario educativo, e dentro do Plan Educativo do Centro, fomentamos e traballamos pola integración no noso alumnado e o deporte. Por este motivo o xoves 9 de novembro, desprazámonos ao Calvario co alumnado de 5º e 6º de Primaria para participar nunha actividade deportiva organizada pola Asociación APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral).
Diante do Mercado do Calvario, os monitores da Asociación e algúns dos seus integrantes, mostraron aos nenos e nenas como se desenvolven eles, persoas con discapacidade, na actividade deportiva, ensinándolles as súas capacidades nas modalidades paraolímpicas da Boccia, semellante á petanca ; e Slalom, percorrido en cadeiras de rodas nun circuíto con obstáculos.
                           

jueves, 9 de noviembre de 2017

Asistimos ao Teatro e a unha Exposición de Arte Galega

O camiño máis fácil non sempre é o que te axuda a saír do laberinto. Para saír sempre se necesita contar con algo que nos guíe pola vida: os amigos, a familia ou a escola son eses fíos que nos fan atopar a saída aos problemas.
Nesta ocasión asistimos á representación da historia de Daniel, un neno que sabe que en casa non sobran os cartos, pero, ¿por que non pode ter un Iphone coma os seus amigos? ¿Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? ¿Ou ir a esquiar? A el gustaríalle deixar os estudios e traballar para poder comprar o que quixera.
Unha vez rematada a obra desprazámonos ata a Sede Afundación para ver unha exposición co título «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección». Unha exposición que reúne 78 pezas destacadas da Colección de Arte Afundación entre pintura, escultura e fotografía. Un percorrido pola evolución da arte galega desde o século XIX ata a actualidade a través dalguns dos nomes e as obras máis significativas da historia de Galicia. Declarada de Ben de Interés Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2015.
Os nenos e nenas introducíronse na arte cunha primeira actividade plástica e despois interactuaron coas obras da exposición para descifrar unha mensaxe secreta.

lunes, 23 de octubre de 2017

"Unha lección de vida"


DisCamino é unha iniciativa do vigués Javier Pitillas que, coa axuda de voluntarios, empregan o seu tempo libre para saír en bicicletas adaptadas con persoas discapacitadas, e ver cumprido así a súa vontade e o seu desexo de poder realizar unha actividade que polas súas limitacións non poderían chegar a facer realidade por sí mesmas.
Segundo figura na súa web: http://discamino.org/es/que-es-discamino/
a historia de DisCamino empeza no ano 2009 cando Gerardo, un muchacho sordo-cego de Vigo, fixo o seu primeiro Camiño de Santiago pedaleando sobre un Copilot, triciclo tándem de orixen holandés co que puido ver cumprido o seu soño.

Foi o mesmo entusiasmo de Gerardo quen, ao rematar esta aventura de realizar o Camiño, expresou o seu desexo de que outras persoas con problemas coma él, puideran facer o camiño xunto a él moitos anos máis.
“Acababa de nacer DisCamino”

E é así como dende entón, foron xa moitos os Discaminos realizados, e outros que están en proxecto realizar e que podedes seguir no seu Facebook:
https://www.facebook.com/DisCamino-206545792754488/?fref=ts 
A mensaxe que sobre todo quixeron transmitir ao alumnado foi que cando sexan maiores sexan eles tamén os que contribúan, dentro das súas posibilidades, axudando a outras persoas que coñezan e que pola súa discapacide o necesiten. E por outra banda - mensaxe especial de Gerardo - que animen ás persoas do seu entorno con algunha discapacidade a participar algunha vez da experiencia que ofrece DISCAMINO.

 

domingo, 24 de septiembre de 2017

Exposición Oral: TIPOS DE BICICLETAS.

O xoves 14 de setembro e o martes 19, Hugo Veiga Puch e Alex Castro Del Olmo, como gran aficionados e practicantes que son do deporte da bici, déronnos unha charla en clase co título:
"Tipos de bicicletas"
O traballo tivo que ser realizado en dúas partes xa que o primeiro día non puidemos contar coa  presenza de Alex e Hugo encargouse de iniciar a exposición oral do traballo, para o cal preparan un "power point".
Gustou a todas e todos os seus compañeiros e estiveron moi atentos e interesados!
Á seguinte semana Alex, xa recuperado, completou a exposición sobre o tema falándolle ao seus compañeiros e compañeiras da súa bicicleta e tamén puido facer no patio do cole unha pequena demostración das súas habilidades ciclistas.
Así mesmo puidemos contar cunha bicicleta eléctrica, ver as súas características e probar o seu funcionamento na pista de futbito.
Agradecemos a Alex e Hugo a súa boa disposición e o seu espíritu emprendedor para facer este bo traballo, e que podan realizarnos algún máis ao longo do curso.

domingo, 18 de junio de 2017

OBRADOIRO CO HORTO

Co bo tempo o plantado no horto foi medrando moito, polo que decidimos facer un obradoiro coas leitugas que xa estaban moi fermosas. Esta vez decidimos facer uns canapés, para o que utilizamos: pan de molde, leituga, queixo, peituga de pavo, mortadela,tomates cherry e , como non, a leituga. Non nos esquecemos dos compañeiros que teñen algunha intolerancia e eles fixeron os seus, pero cos alimentos para celíacos.

 Mirade...


lunes, 5 de junio de 2017

A materia descubrímola, e a materia traballámola. Que mellor forma de traballar a materia que convertíndonos en auténticos científicos e manipulando a mesma. Aquí tedes unha mostra de experimentos que buscamos en internet e que logo levamos a cabo para ver as reaccións, transformacións,...

jueves, 1 de junio de 2017

“ Viaxando polo continente africano”


Nacido en Guipuzcoa (País Vasco), o profesor Fausto López Salgado, rematou os seus estudios de Primaria (EXB) na nosa cidade no Colexio “Ramón y Cajal” (Picacho) e despois cursou o bacherelato no IES Santa Irene. Fixo os seus estudios universitarios na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en Historia.  

Cunha grande experiencia vital, viviu e traballou en Hungría, Polonia e Rumanía. 

Na actualidade, cando non está de “trotamundos”, reside e traballa en Lanzarote (Canarias), onde ten a súa praza de profesor de historia nun instituto.                        

Desde xoven ten viaxado por Europa, América, Asia e África; e en moitas desas ocasións en solitario e subido a unha bicicleta porque, como dice el: "É como se chega mellor aos sitios e se coñece mellor ás xentes e os lugares".

E así, sen facer ruído, é deixando as pegadas das rodas da súa bici por onde pasa, é como nesta ocasión iniciou a súa máis longa viaxe ás terras da cuna da humanidade e de tanta diversidade cultural e paisaxística. En abril rematou unha longa viaxe en bicicleta polo continente africano de norte a sur, percorrendo durante 7 meses (209 días), 12 países e deixando tras de sí 14.481 km: desde a capital de Exipto, o Cairo, ata o mesmo cabo de Buena Esperanza (Sudáfrica); pasando por Sudán, Etiopía, Kenia, Uganda, Ruanda, Tanzania, Malawi, Mozambique, Swazilandia e Lesoto.

Coincidindo con que este curso o proxecto de Biblioteca do colexio estivo adicado a coñecer mundo, que mellor remate do traballado e as experiencias vividas, que contar coa presenza dun viaxeiro como Fausto, para coñecer un continente apaixonante de primeira man, sen os tópicos do que nos chega ás veces polos medios de comunicación, transmitíndolle tamén ás nenas e aos nenos as ganas de coñecer outras culturas e outros lugares, e vivir con paixón e esforzarse naquilo que se quere facer: con constancia, perseverancia e disfrutando da vida, e sabendo e aprendendo a convivir cos que son diferentes a nós.

Todo isto véunolo contar este martes día 30 ao alumnado de 5º e 6º, e todas e todos disfrutamos do seu relato e fomos partícipes do vivido na súa viaxe.