domingo, 28 de abril de 2019
Charla NANOSATÉLITES
O pasado día 3 de abril o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de asistir no centro a unha charla impartida polo inxenieiro de diseño electrónico Aarón Nercellas Ventas, pertencente á empresa española ALEN SPACE.
As nenas e nenos puideron coñecer de primeira man o traballo desta empresa aeroespacial española no ámbito dos nanosatélites, e poder descubrir máis detalles de cada un dos planetas do noso sistema solar a través dos proxectos aeroespaciais que ata o momento o home puxo en marcha.
martes, 26 de febrero de 2019
miércoles, 20 de febrero de 2019
Charla de Divulgación Medioambiental: "O Monte é Vida"

Tiña como obxectivos fomentar o
coñecemento da multifuncionalidade do
monte, da súa xestión sostible e divulgar a
importancia dos montes veciñais en
Galicia.
Teatro Afundación: "TARZÁN"
O pasado 25 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º asistiu no Teatro
Afundación de Vigo á representación dunha obra teatral en lingua inglesa titulada "Tarzán".
A representación correu a cargo da compañía Face 2 Face Theatre Co.
A mellora do inglés, a superación persoal, o traballo en equipo e a expresión dos sentimentos son valores que puidemos apreciar na obra Tarzán.
Inspirada no mundialmente famoso personaxe creado por Edgar Rice Burroughs e na súa novela, esta nova aventura cómica levou ao noso alumnado a sentirse coma nun safari. Toda unha aventura na que o propio alumnado puido interactuar cos personaxes e incluso algúns compañeiros e compañeiras foron invitados a participar do espectáculo, como foi o caso de Sergio Alonso F. de 5º.




jueves, 7 de febrero de 2019
A famosa Gloria Sánchez visita o Carballal!
Gloria Sánchez visitou ao Carballal para responder as dúbidas do alumnado de cuarto e sexto sobre o libro " Dez piratas" e outros da autora. As preguntas foron moi variadas e curiosas. Ademais diso asinou os libros e uns porquiños que fixeron os nenos/as de cuarto e algúns nenos/as de sexto.
Gloria foi moi amabel con nós. Agora que está xubilada pode visitar colexios como o noso para aclarar e responder dúbidas doutros nenos/as.
Se queres ver máis pincha na imaxe.
jueves, 31 de enero de 2019
ASTRONAUTAS!!
Este ano imos de astronautas!!
Hai que facer un mono con TEA DE ENTROIDO BRANCA seguindo os patróns que vos facilitamos na reunión e adaptándoos aos vosos fillos e fillas. Ao mono hai que coserlle cintas de cores, coma na imaxe, que vos enviaremos coa maior brevidade.
Tamén hai que facer as botas con TEA FOAM GRIS, a imaxe é orientativa sería facer unha funda tipo bota lisa sen adornos. Se pinchades aquí tedes un tutorial.
sábado, 19 de enero de 2019
O pasado día 11 de xaneiro fomos visitar unha coñecida Pizzería no centro da cidade para saber máis da pequena empresa e da elaboración da comida máis consumida no mundo, e en España ao parecer o 2º trala ensalada. Tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man a súa forma de elaboración artesanal, participar tamén no proceso e poder degustar o produto final. Incluso tivemos tempo de lecer disfrutando do espazo de xogo co que contan nas súas instalacións. De orixe romana, tal como a coñecemos comezou a elaborarse na cidade italiana de Nápoles no século XVII, e non se cubriu de queixo ata o século XIX.

OS DE 6º
Visitamos
unha
PIZZERÍA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)