domingo, 28 de abril de 2019

Visita da escritora IRIA MISA

O venres 26 de abril recibimos a visita da escritora galega IRIA MISA. Viunos falar do seu libro «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», obra ilustrada pola canguesa Alba Barreiro e na que conta a historia de Aine, quen con nove anos proponse chegar a ser como o seu ídolo, o «alter ego» do músico David Bowie: Ziggy Stardust.

Concerto Didáctico «Vigo en sons».

O día 11 de abril, o alumnado de 5º e 6º acudimos ao Auditorio de Concello de Vigo, para asistir a un concerto didáctico da E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) que organiza o Concello. O obxectivo de "Vigo en sons" é divulgar entre os máis xóvenes o gran patrimonio musical tradicional de Galicia, e máis en concreto có que contamos na nosa cidade. O alcalde Abel Caballero acercouse a darnos a benvida durante a celebración do concerto. A actividade resultou moi proveitosa e a disfrutamos moito!!

Charla NANOSATÉLITES

O pasado día 3 de abril o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de asistir no centro a unha charla impartida polo inxenieiro de diseño electrónico Aarón Nercellas Ventas, pertencente á empresa española ALEN SPACE. As nenas e nenos puideron coñecer de primeira man o traballo desta empresa aeroespacial española no ámbito dos nanosatélites, e poder descubrir máis detalles de cada un dos planetas do noso sistema solar a través dos proxectos aeroespaciais que ata o momento o home puxo en marcha.

miércoles, 20 de febrero de 2019

Charla de Divulgación Medioambiental: "O Monte é Vida"


O pasado 29 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de asistir a unha charla organizada pola Consellería de Medio Rural e do Mar, e impartida por un axente forestal no noso Centro.

Tiña como obxectivos fomentar o 
coñecemento da multifuncionalidade do
monte, da súa xestión sostible e divulgar a
importancia dos montes veciñais en 
Galicia.

En Galicia existen ao redor de 1.300.000 ha de monte cuxa propiedade ostentan 675.000 familias, ás que se suman outras 700.000 ha de monte veciñal en man común, cuxa titularidade corresponde a unhas 190.000 familias a través das comunidades veciñais das que forman parte.

Teatro Afundación: "TARZÁN"

O pasado 25 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º asistiu no Teatro Afundación de Vigo á representación dunha obra teatral en lingua inglesa titulada "Tarzán". 
A representación correu a cargo da compañía Face 2 Face Theatre Co. 
A mellora do inglés, a superación persoal, o traballo en equipo e a expresión dos sentimentos son valores que puidemos apreciar na obra Tarzán
Inspirada no mundialmente famoso personaxe creado por Edgar Rice Burroughs e na súa novela, esta nova aventura cómica levou ao noso alumnado a sentirse coma nun safari. Toda unha aventura na que o propio alumnado puido interactuar cos personaxes e incluso algúns compañeiros e compañeiras foron invitados a participar do espectáculo, como foi o caso de Sergio Alonso F. de 5º.

  
 
 

jueves, 7 de febrero de 2019

A famosa Gloria Sánchez visita o Carballal!

Gloria Sánchez visitou ao Carballal  para  responder as dúbidas do alumnado de cuarto e sexto sobre o libro " Dez piratas" e outros da autora. As preguntas foron moi variadas e curiosas. Ademais diso asinou os libros e uns porquiños que fixeron os nenos/as de cuarto e algúns nenos/as de sexto. Gloria foi moi amabel con nós. Agora que está xubilada pode visitar colexios como o noso para aclarar e responder dúbidas doutros nenos/as. Se queres ver máis pincha na imaxe.