jueves, 29 de abril de 2021

Educación Viaria 2020-2021

O pasado mércores 23 de abril tivo lugar na clase de 5º e 6º de primaria, unha charla participativa sobre seguridade viaria moi necesaria, porque a proporción dos atropelos na poboación de entre 10 e 25 anos é maior que entre a poboación doutras idades, e é importante saber sobre a seguridade viaria para previr estes accidentes.

Viu a 5º e 6º Pablo Vila Campos, axente da sección de educación viaria da Policía Local de Vigo. Falamos e traballamos sobre a atención, a mirada, a regulación emocional e o autocontrol, esenciais nos cruces e nas rúas.                            (Entrada de Blog realizada por Andrés Vila Alonso)







lunes, 21 de diciembre de 2020

QUE ESTE NOVO ANO A MAXIA DO NADAL ILUMINE MÁIS CA NUNCA.

Este ano non comezou como debería, para que mentir.

Comezamos con medo, incerteza e moitas dúbidas. Non pintaba ben e, coma sempre, tocounos traballar para darlle a volta á situación.

Xuntos/as acostumámonos a levar a máscara, botar xel, lavar as mans, xogar separados/as, ter as fiestras abertas, aguantar o frío, non ver as caras dos compañeiros/as... a tantas cousas.

Malia todo aprendemos que os ollos tamén teñen sorriso, que na distancia tamén podemos traballar xuntos/as, que as apertas e bicos, aínda que non se dean, séntense e sobre todo que como equipo somos fortes, valentes e responsables.

Agora, xa estamos mellor.

Merecemos un descanso.

Que este novo ano a maxia do Nadal ilumine máis ca nunca.

Volveremos máis fortes no 2021.

Pincha na imaxe, que aínda temos algo máis que dicir.


 


viernes, 18 de diciembre de 2020

Experimentando coas PLANTAS

 Se queres coñecer mellor o REINO das PLANTAS, mira estas experiencias levadas acabo polo alumnado de 5º no que poderás descubrir cousas moi interesantes do mundo que nos rodea.

Anímate a realizalas ti!!





 

Durante o 1º Trimestre fixemos en 5º unha serie de charlas sobre diversos temas que son do noso interés para poñer a proba a nosa capacidade oratoria. O resultado foi moi bo xa que temos unha experiencia acumulada nestes anos. Se clicades na imaxe veredes algúns momentos dos temas expostos por todos nós.

 



lunes, 20 de julio de 2020

PROMOCIÓN 2019-2020

Nesta orla vemos aos pequenos e pequenas que un día chegaron a 3 anos de infantil e que xa se fixeron maiores. A partir de agora comezarán unha nova etapa na que esperamos poñan en práctica todo aquilo que aprederon con nós no Carballal-Cabral, e que con tanto empeño e cariño todo o profesorado tentamos transmitirlles da mellor maneira durante todos estes anos.
Máis alá de ensinar contidos nas diferentes áreas, de realizar tarefas e deberes e tamén exámenes, cumplíamos co obxectivo primordial de formar persoas e de educalos como cidadáns nuns valores como o respeto, a tolerancia e a solidariedade.  Esperamos telo conseguido tanto como as súas familias, para facelos como dicían antes as nosas avoas e os nosos avós: «homes e mulleres de proveito».
A educación infantil e a primaria son un pilar esencial no noso sistema educativo, pero debemos salientar que é na FAMILIA, onde se sustenta todo o conseguido ata agora.
A médica e educadora italiana María Montessori, precursora do método educativo que leva o seu nome e usado en moitas escolas de todo o mundo xa o dixo: «A familia, os país e nais, son os primeiros mestres e mestras dos seus fillos e fillas. Son eles quenes mediante o exemplo, transmiten valores, ensinan comportamentos e intereses».  O papel desempeñado por elas é esencial e a súa implicación no proceso educativo é fundamental.
Remando xuntos na mesma dirección é como conseguimos entre todos e todas formar as persoas que todos e todas queremos que sexan os nosos nenos e nenas.
Pero isto non remata aquí, agora continúa na ESO e esperamos e desexamos que os resultados acadados sexan aínda mellores.
Esperamos volvernos ver en setembro nun sinxelo acto de graduación que quedou pendente!!

sábado, 9 de mayo de 2020

Viaje a Andalucía

Agora que tamén debido ao coronavirus as viaxes van ter que facerse dunha maneira moi distinta ao que estabamos acostumados, Antía P.M. de 6º cóntanos o vivido e aprendido na súa viaxe a Andalucía xusto antes da pandemia: o Parque Nacional de Doñana, O Rocío, a cidade romana de Baelo Claudia, Punta Tarifa, Gibraltar, etc, e que ela vai amosarvos mentras volo comenta nesta bela e excelente montaxe audiovisual que preparou para todos nós. Non vola podedes perder!!


MAN ROBÓTICA!

Nestes momentos nos que temos que manter máis que nunca unha moi boa hixiene, sobre todo das mans, Aixa de 6º anímavos a construír unha man robótica sinxela pero moi efectiva para poder coller as cousas con tranquilidade e sen "medo" algún. Estivemos a repasar e traballar o aparato locomotor como parte da Función de Relación que temos os seres vivos e diso xurdiu a idea da ¡MAN ROBÓTICA!. Se premedes AQUÍ! veredes nun tutorial como facer a man paso a paso. Ánimo!