domingo, 10 de diciembre de 2017

5º e 6º Visitan o Concello de Vigo

O pasado 30 de novembro 5º e 6º de Primaria levamos a cabo a visita que tíñamos programada ao Concello de Vigo. 
Durante a nosa estancia no Concello fomos guiados por diferentes estancias do mesmo e o alumnado foi informado da historia do edificio, do lugar onde está situado e, sobre todo, dos diferentes servizos que alí se prestan á cidadanía. 
Comezamos na lonxa de entrada e subimos a continuación ao lugar máis importante para todos e todas os vigueses e viguesas que é o Salón de Plenos do Concello. As nenas e nenos puideron tomar asento coma se foran os propios edís e coñecer o seu labor e o funcionamento dos plenos.
A mágoa foi que o Señor Alcalde non puido pasar a saudarnos como tiña previsto!
Despois subimos á 9ª planta para coñecer a sala de prensa e disfrutar das espectaculares vistas da nosa ría. A continuación baixamos ao sótano para entrar na Escola Municipal de Danza e alí puidemos asistir a unha das súas actuacións. Por último, coñecimos as estancias do Laboratorio Municipal e do Control de Tráfico da nosa cidade.