lunes, 18 de diciembre de 2017

Obradoiro: "A ciencia en galego: A zona intermareal do noso litoral"

O pasado venres 15 de decembro realizamos a actividade: “A ciencia en galego: O noso litoral: A zona intermareal”, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo no noso centro.
No obradoiro, unha monitora ilustrou as partes nas que se divide a zona intermareal, que podemos observar cando imos a calquera praia da nosa fermosa costa.
Na presentación primeiro amosou ao alumnado diferentes exemplares de especies coma os balanos ou os tomates de mar. Tamén amosounos distintos tipos de algas e, entre elas, as <<fucus>>, a máis común do noso litoral galego.
A continuación o alumnado puido coñecer cómo estas especies compiten polo espazo e como loitan contra as diferenzas de temperatura, contra a sequedade do entorno e como se defenden ou evitan aos seus depredadores. Tamén a monitora contounos cómo se leva a cabo a formación da area nas praias.
Finalmente as nenas e nenos tiveron un tempo para manipular libremente a súa colección de exemplares mariños que, ademais dos seres vivos xa nomeados previamente, incluía un cabaliño de mar, ovos de raias estrelamares ou ourizos mariños.
Como conclusión do obradoiro, a monitora do programa de Normalización Lingüística na área de Bioloxía, convidounos a concienciar á nosa comunidade educativa na conservación e protección da biodiversidade do noso fermoso litoral Galego.