sábado, 30 de diciembre de 2017
lunes, 18 de diciembre de 2017
Obradoiro: "A ciencia en galego: A zona intermareal do noso litoral"
O pasado venres 15 de decembro
realizamos a actividade: “A ciencia en galego: O noso litoral: A
zona intermareal”, organizada polo Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo no noso centro.
No obradoiro, unha monitora
ilustrou as partes nas que se divide a zona
intermareal, que podemos observar cando imos a
calquera praia da nosa fermosa costa.
Na
presentación primeiro amosou
ao alumnado diferentes
exemplares de especies
coma os balanos ou os tomates de mar. Tamén amosounos
distintos tipos de
algas e, entre elas, as <<fucus>>,
a máis común do
noso litoral galego.
A continuación o alumnado puido
coñecer cómo estas especies compiten polo espazo e como loitan
contra as diferenzas de temperatura, contra a sequedade do entorno e
como se defenden ou evitan aos seus depredadores. Tamén a monitora
contounos cómo se leva a cabo a formación da area nas praias.
Finalmente as nenas e nenos tiveron
un tempo para manipular libremente a súa colección de exemplares
mariños que, ademais dos seres vivos xa nomeados previamente,
incluía un cabaliño de mar, ovos de raias estrelamares ou ourizos
mariños.
Como conclusión do obradoiro, a
monitora do programa de Normalización Lingüística na área de
Bioloxía, convidounos a concienciar á nosa comunidade educativa na
conservación e protección da biodiversidade do noso fermoso litoral
Galego.
domingo, 10 de diciembre de 2017
5º e 6º Visitan o Concello de Vigo
O pasado 30 de novembro 5º e 6º de Primaria levamos a cabo a visita que tíñamos programada ao Concello de Vigo.
Durante a nosa estancia no Concello fomos guiados por diferentes estancias do mesmo e o alumnado foi informado da historia do edificio, do lugar onde está situado e, sobre todo, dos diferentes servizos que alí se prestan á cidadanía.
Comezamos na lonxa de entrada e subimos a continuación ao lugar máis importante para todos e todas os vigueses e viguesas que é o Salón de Plenos do Concello. As nenas e nenos puideron tomar asento coma se foran os propios edís e coñecer o seu labor e o funcionamento dos plenos.
A mágoa foi que o Señor Alcalde non puido pasar a saudarnos como tiña previsto!
A mágoa foi que o Señor Alcalde non puido pasar a saudarnos como tiña previsto!
Despois subimos á 9ª planta para coñecer a sala de prensa e disfrutar das espectaculares vistas da nosa ría. A continuación baixamos ao sótano para entrar na Escola Municipal de Danza e alí puidemos asistir a unha das súas actuacións. Por último, coñecimos as estancias do Laboratorio Municipal e do Control de Tráfico da nosa cidade.
jueves, 30 de noviembre de 2017
Charla Plan Director: "Risgos de Internet"
A
pasada semana tivemos a primeira das charlas do Plan Director
dirixida ao noso alumnado e impartida pola policía nacional, sobre
os risgos de internet e o acoso escolar.




martes, 14 de noviembre de 2017
Fomentando e traballando pola INTEGRACIÓN coa Asociación APAMP
No noso ideario educativo, e dentro do Plan Educativo do Centro, fomentamos e traballamos pola integración no noso alumnado e o deporte. Por este motivo o xoves 9 de novembro, desprazámonos ao Calvario co alumnado de 5º e 6º de Primaria para participar nunha actividade deportiva organizada pola Asociación APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral).
Diante do Mercado do Calvario, os monitores da Asociación e algúns dos seus integrantes, mostraron aos nenos e nenas como se desenvolven eles, persoas con discapacidade, na actividade deportiva, ensinándolles as súas capacidades nas modalidades paraolímpicas da Boccia, semellante á petanca ; e Slalom, percorrido en cadeiras de rodas nun circuíto con obstáculos.
jueves, 9 de noviembre de 2017
Asistimos ao Teatro e a unha Exposición de Arte Galega
O camiño máis fácil non sempre é o que te
axuda a saír do laberinto. Para saír sempre se necesita contar con
algo que nos guíe pola vida: os amigos, a familia ou a escola son
eses fíos que nos fan atopar a saída aos problemas.
Nesta ocasión asistimos á representación da
historia de Daniel, un neno que sabe que en casa non sobran os
cartos, pero, ¿por que non pode ter un Iphone coma os seus amigos?
¿Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? ¿Ou ir a esquiar? A el
gustaríalle deixar os estudios e traballar para poder comprar o que
quixera.
Unha vez rematada a obra desprazámonos
ata a Sede Afundación para ver unha exposición co título
«Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección». Unha
exposición que reúne 78 pezas destacadas da Colección de Arte
Afundación entre pintura, escultura e fotografía. Un percorrido
pola evolución da arte galega desde o século XIX ata a actualidade
a través dalguns dos nomes e as obras máis significativas da
historia de Galicia. Declarada de Ben de Interés Cultural pola Xunta
de Galicia no ano 2015.
Os nenos
e nenas introducíronse na arte cunha primeira actividade plástica e
despois interactuaron coas obras da exposición para descifrar unha
mensaxe secreta.
lunes, 23 de octubre de 2017
"Unha lección de vida"
DisCamino é unha iniciativa do vigués Javier Pitillas que, coa axuda de voluntarios, empregan o seu tempo libre para saír en bicicletas adaptadas con persoas discapacitadas, e ver cumprido así a súa vontade e o seu desexo de poder realizar unha actividade que polas súas limitacións non poderían chegar a facer realidade por sí mesmas.
Segundo figura na súa web: http://discamino.org/es/que-es-discamino/
a historia de DisCamino empeza no ano 2009 cando Gerardo, un muchacho sordo-cego de Vigo, fixo o seu primeiro Camiño de Santiago pedaleando sobre un Copilot, triciclo tándem de orixen holandés co que puido ver cumprido o seu soño.
Foi o mesmo entusiasmo de Gerardo quen, ao rematar esta aventura de realizar o Camiño, expresou o seu desexo de que outras persoas con problemas coma él, puideran facer o camiño xunto a él moitos anos máis.
“Acababa de nacer DisCamino”
E é así como dende entón, foron xa moitos os Discaminos realizados, e outros que están en proxecto realizar e que podedes seguir no seu Facebook:
https://www.facebook.com/DisCamino-206545792754488/?fref=ts
A mensaxe que sobre todo quixeron transmitir ao alumnado foi que cando sexan maiores sexan eles tamén os que contribúan, dentro das súas posibilidades, axudando a outras persoas que coñezan e que pola súa discapacide o necesiten. E por outra banda - mensaxe especial de Gerardo - que animen ás persoas do seu entorno con algunha discapacidade a participar algunha vez da experiencia que ofrece DISCAMINO.
A mensaxe que sobre todo quixeron transmitir ao alumnado foi que cando sexan maiores sexan eles tamén os que contribúan, dentro das súas posibilidades, axudando a outras persoas que coñezan e que pola súa discapacide o necesiten. E por outra banda - mensaxe especial de Gerardo - que animen ás persoas do seu entorno con algunha discapacidade a participar algunha vez da experiencia que ofrece DISCAMINO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)